UN POEMA DE 2º A PARA A BIBLIOTECA ESCOLAR
O lugar de lectura
O estuche e o lápis
A goma e o folio
A pizarra e o xiz
O corcho e as chinchetas
O recreo e a merenda
A mochila e o lombo
Os libros e os exames
Os berros e a profesora
Unha paisaxe de Miño dende a ventá
Unha vágoa por un exame
Unha etapa da adolescencia
Unha idea por tres persoas
Unha hora de lectura
Unha choiva tormentosa
Unha clase divertida
Paz e sosego
Onde se estresa o profesor
E o alumno cala
Onde os libros berran
E as palabras falan
Onde a luz do día
As persianas paran
E pasa a xornada
Como un suspiro
Que os ánxeles exhalan
Á luz do alba
Á luz da cultura
Sombra da ignorancia
O sofá de orellas de aurora boreal
A ventá que ilumina o imaxinario
Esa cadro de Halz
Sempre ollado a diario
A rapaza que vive na aldea
Como subida a un campanario
Lendo o seu libro de soños
Ou escribindo no diario
Unha ventá sempre pechada
Unha mente sempre aberta
O solpor detrás do monte
E o sol sobre o mar
Unha froita encantada
A pousada do ceo
Un home e un arado
Unha cincenta sen zapato
Unhas luvas sen dedos
Unha choiva de estrelas
Hansel e Gretel
O bosque e o Martelo
Un cabalo e un chícharo
Un río e un paxaro
O sorriso na cara
O sol na mirada
O son da túa fala
No comments:
Post a Comment